Publicacións

🌱A NOSA HORTIÑA 🌱

Imaxe
Boas familias!!  Como xa ben sabedes, na escola levamos a cabo distintas accións educativas medioambientais e un curso máis, participamos no  proxecto Voz Natura. O proxecto deste curso 20/21 " Paso a pasiño, faise o camiño " centrouse principalmente no aproveitamento dos recursos e, dotar o amplo espazo verde do que dispoñemos no patio, de diferentes xogos e instalacións.   De xeito paralelo, leváronse a cabo outras accións encamiñadas á observación da contorna natural da nosa escola, experimentando cos recursos naturais que esta nos ofrece. Así, no outono recollemos as follas que caían das árbores e no inverno preparamos a  horta  para poder plantar a nova colleita, comezando coa plantación xa case chegada a primavera.  Para isto, tivemos que arrancar as herbas espontáneas, apañar follas que caeran das   árbores do redor ou recoller pedras e paus. Este traballo realizámolo organizándonos por aulas e adaptando as tarefas a   cada nivel. Tamén colocamos novos camiños e reno

🌼 XARDÍN VERTICAL CON FLORES 🌼

Imaxe
Petunias, Tagetes e Begonias, benvidas a nosa escola!! Cada aula construíu o seu xardín vertical con flores de primavera. Reciclamos botellas de plástico e cada nena e neno pintou a súa maceta con témperas. Despois plantamos as flores e agora... toca coidalas moito!! Os encargados/as do día de cada clase teñen que regalas todas as mañás. Aquí unha mostra das nosas estupendas xardineiras e xardineiros!! AULA 3-4 ANOS   AULA 5 ANOS Un saúdo familias!!  🌼🌸🍀🌺🌻