⭐XOGAMOS COAS VOGAIS !

    Ola nenos e nenas! Que tal estades? A proposta de hoxe é xogar coas letras. Concretamente coas 5 vogais (A-E-I-O-U).
    Para comezar preséntovos un vídeo das vogais. Olládeo atentamente, imitade os sons e a pasalo xenial! ↓ Clic na imaxe para empezar! 
No seguinte enlace tamén poderedes desfrutar del: 
    Agora déixovos 3 actividades para xogar coas vogais. Podedes facelas no voso ordenador, tableta ou outro dispositivo informático co que contedes nas vosas casas. 
    Con este tipo de actividades estamos traballando:
              -Recoñecemento e Discriminación visual e auditiva.
              -Asociación das vogais maiúsculas coas minúsculas.
              -Identificación das vogais iniciais en palabras.

1-“Burbullas de vogais”: o xogo consiste en estoupar as burbullas coas letras indicadas.   Premer na imaxe ou na ligazón para comezar a xogar. Estades preparados?
           https://arbolabc.com/juegos-de-vocales/juguemos-con-burbujas-vocales
  Os nenos de 4-5 anos creo que recoñecerán o xogo, o traballamos na aula este curso, polo que poderán facelo de forma autónoma. Os pequechos de 3 non o coñecen, pero coa axuda das familias, seguro que pasades un bo momento xogando! 

2-“Pon orde as vogais!": esta sinxela actividade consiste en identificar as xoias coas vogais e ordenalas na súa secuencia (a-e-i-o-u).
↕ Pulsar para comezar ↕
O xogo o poden facer todos os nenos e nenas, os máis pequechos precisarán da vosa axuda.
3- Cartas de vogais: xogo de memoria con tres niveis de dificultade (fácil-4 cartas, medio-6 e difícil-8 cartas). Podedes elixir facer o xogo con letras ou con letras e imaxes. 
↕ Pulsar para comezar o xogo! ↕
Este último xogo recoméndase para os 4-5 anos, adaptando o nivel de dificultade segundo o precise o voso fillo ou filla. Os de 3 anos tamén poden xogar, sempre coa axuda e modelado dun adulto.

    E xa por último, aquí vos deixo unha pequena exposición de fotos con  imaxes dos nenos e nenas de 4 e 5 anos traballando coas vogaisde xeito manipulativo na aula.






Recordade que está habilitada a opción de comentarios, non dubidedes en saudar, preguntar ou comentar!  

Agardo as vosas aportacións! Se vos animades a facer algunha das propostas e vos apetece, enviade ao correo:  alvilarrodis@gmail.com 
😀

Comentarios

Publicacións populares deste blog

⭐XIMNASIA COA BOCA !

⭐ONOMATOPEAS DE ANIMAIS!

⭐VÍDEO: #QUEDANACASA