Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2020

FIGURAS ENSARTABLES! 🔺🔵🔶🔴

Imaxe
Ola de novo familias!! Os nosos pequechos construíron "colares" e "serpes" con figuras ensartables e un cordón. Temos unha chea de pezas de moitas cores, tamaños, formas e materiais para construír!!! A través desta actividade estamos a traballar a coordinación óculo-manual, atención, concentración, motricidade fina, recoñecemento de cores e formas, clasificación e conteo... Que importantes son estes xogos coas mans para desenvolver as habilidades motrices finas necesarias para facilitar o aprendizaxe da escritura !!! Velaquí unha mostra das fantásticas composicións dos cativos de 3 e 4 anos. Ata a próxima!!  Saúdos 👋

🌍 🅔🅤 🅣🅐🅟🅞🅝🅔🅞, 🅔 🅣🅘 ?

Imaxe
Eu taponeo, e ti? Este curso continuamos levando a cabo actividades de  reciclaxe con tapóns ,  dentro do Proxecto de Voz Natura da escola.  O ano pasado elaboramos un colector de reciclaxe para o noso “punto limpo”. Despois de encher a caixa cos tapóns achegados polas familias, comezamos coa reciclaxe e construímos flores para a nosa horta.         Este ano quixemos darlle unha segunda vida aos tapóns e comezamos a empregalos como material didáctico nas aulas.  Preparamos bolsiñas individuais para que cada neno/a teña os seus propios tapóns e... comezamos a fedellar !                                                                            Primeiro observamos e manipulamos libremente os tapóns, xogamos con eles facendo construcións e series. Fixemos xogos clasificando os tapóns segundo as distintas cores e tamaños. E tamén investigamos cos sons que facían ao movelos. Aquí vos deixo unha mostra dalgunhas actividades cos tapóns!  👇 -  XOGAMOS COS GUSANIÑOS DE CORES!   🐛             

OUTONO EN VILARRODÍS 🍁🌰🍃🍂

Imaxe
Ola familias !! Aproveitamos o fantástico espazo exterior da nosa escola para observar, explorar, fedellar e investigar os cambios do noso entorno máis próximo. Nestas semanas o bo tempo permitiunos saír ao patio e desfrutar desta estación. O outono estanos traendo unha chea de tesouros e actividades novas! Velaquí unha pequena mostra dalgunhas das propostas de OUTONO... -Comisión de observación!                                                 👀                                                              👃  L A N D R A S   LIBROS   XIGANTES   DO  OUTONO -Xogo libre con materiais naturais: paus, pedras, follas, landras, piñas...         -As follas da nosa escola! Cada cativo elixiu varias follas e despois de observar e xogar un anaco con elas, chegamos entre todos as seguintes conclusións:  Había follas grandes, medianas e pequenas. Eran de moitas cores (amarelas, verdes, marróns...) Tiñan formas diferentes! Unhas eran redondiñas, outras tiñan "picos", algunhas eran alongad