Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2021

🌼 XARDÍN VERTICAL CON FLORES 🌼

Imaxe
Petunias, Tagetes e Begonias, benvidas a nosa escola!! Cada aula construíu o seu xardín vertical con flores de primavera. Reciclamos botellas de plástico e cada nena e neno pintou a súa maceta con témperas. Despois plantamos as flores e agora... toca coidalas moito!! Os encargados/as do día de cada clase teñen que regalas todas as mañás. Aquí unha mostra das nosas estupendas xardineiras e xardineiros!! AULA 3-4 ANOS   AULA 5 ANOS Un saúdo familias!!  🌼🌸🍀🌺🌻

OS NOSOS LAPBOOKS: "Todo sobre min" 🔰

Imaxe
Boas familias! As nenas e nenos da aula de 5 anos traballaron arreo para levar nas vacacións os seus lapbooks !! Despois de semanas de traballo, cada cativo elaborou o seu propio libro despregable con lapelas.  O obxectivo principal desta actividade foi fomentar a lectoescritura e a expresión oral , e que mellor maneira que falar sobre si mesmos e partir dos seus intereses e motivacións. Escribiron  os seus datos peroais (nome, idade, apelidos...), debuxaron sobre os seus gustos, coñecemos a comida, cor, animal, xogo e conto favorito de cada neno/a. E ata descubrimos que lles gustaría ser de maiores! Sen dúbida o que máis lles gustou foi ensinar e explicar aos demais compañeiros/as as súas creacións. O mellor é que aprendemos unha chea de cousas mentres nos divertimos xogando! Así de bonitos quedaron os lapbooks sobre si mesmos!!  Velaquí a mostra das súas estupendas creacións. 👇 Unha aperta virtual  😊