🌱A NOSA HORTIÑA 🌱
Boas familias!! Como xa ben sabedes, na escola levamos a cabo distintas accións educativas medioambientais e un curso máis, participamos no proxecto Voz Natura. O proxecto deste curso 20/21 " Paso a pasiño, faise o camiño " centrouse principalmente no aproveitamento dos recursos e, dotar o amplo espazo verde do que dispoñemos no patio, de diferentes xogos e instalacións. De xeito paralelo, leváronse a cabo outras accións encamiñadas á observación da contorna natural da nosa escola, experimentando cos recursos naturais que esta nos ofrece. Así, no outono recollemos as follas que caían das árbores e no inverno preparamos a horta para poder plantar a nova colleita, comezando coa plantación xa case chegada a primavera. Para isto, tivemos que arrancar as herbas espontáneas, apañar follas que caeran das árbores do redor ou recoller pedras e paus. Este traballo realizámolo organizándonos por aulas e adaptando as tarefas a cada nivel. Tamén colocamos novos camiños e reno