Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

⭐XIMNASIA COA BOCA !

Imaxe
Bos días a todos e todas!! Espero que esteades a gozar unha chea cos paseos e poder saír un pouco a rúa. Hoxe toca activar os músculos da nosa cara e espertar á señora lingua! Vamos a xogar co s beizos, a lingua, as meixelas..!! Os xogos de Praxias Bucofaciais é un dos aspectos traballados no   Taller da Linguaxe Oral   con todos os nenos/as da escola.   A realización de praxias incide no ton e movemento dos órganos faciais (lingua, mandíbula, beizos, meixelas..) e polo tanto, mellora a nosa vocalización, articulación e a pronuncia. Fíxate ben e a facer ximnasia coa boca !                               A actividade está en formato vídeo (pinchade na imaxe superior) e en diapositivas de imaxes  individuais, para que empreguedes a que mellor vos conveña.                           Actividade deseñada para o traballo das praxias bucofonatorias e a motricidade orofacial.       Pictogramas extraídos da web ARASAAC:  http://www.arasaac.o

⭐RECICLAXE !!

Imaxe
      Ola nenos e nenas!! A proposta para a fin de semana é... converterse en inventores e inventoras!!   🔄   RETO DO DÍA...  A RECICLAR !!     🔄       Colle os materiais de refugallo (plásticos, botellas, cartóns, tapóns, caixas...)  que teñas pola casa e constrúe un xoguete, fai unha composición con tapóns, un   xogo de mesa... ou calquera outra idea que imaxinedes!! 💭 Seguro  que tedes unhas ideas  fantásticas ! !   💭 Se vos animades a RECICLAR, e vos apetece, encantaríame que compartirades as vosas creacións. Podedes enviar unha imaxe ao correo: alvilarrodis@gmail.com Para rematar, comparto con vós algunhas fotografías das   actividades de reciclaxe con tapóns que estivem os facendo, dentro do Proxecto de Reciclaxe de Plásticos levado a cabo este ano n a nosa escola.                                                                                          O primeiro de todo foi elaborar unha colector de reciclaxe cunha caixa de cartón. Despois

⭐EXPOSICIÓN FOTOS: XOGOS DE SOPRO !

Imaxe
Bo día, familias!!  Hoxe gustaríame compartir con vós algunhas imaxes dos Xogos de Sopro que fixemos na aula ao longo deste curso. O Sopro é un dos aspectos traballados nos Obradoiros da Linguaxe Oral   con todos os nenos e nenas da escola. As actividades e xogos de sopro serven para potenciar e mellorar:                      1) O control da respiración e a voz.                                                                          2) O sistema muscular que participa ao falar.                                  3) A pronunciación (articulación de sons). Mirade que ben o fixestes !!                                         👇  👀                                                            👀   👇                                       Collede ideas para seguir SOPRANDO na casa! Seguro inventades algún xogo novo!! Animádevos a facer algún dos xogos! Se vos apetece, compartide con nós unha fotografía, podedes enviala ao corr

⭐CARTA PARA OS SUPERHEROES DA CASA!

Imaxe
📬  Bo día!! Hai unha mensaxe moi especial para vós... Unha aperta xigante !! 😀

⭐QUEDANACASA: XOGOS DE SOPRO !

Imaxe
Para estrear este espazo, velaquí a primeira proposta de AL para practicar o sopro.    #QUEDANACASA Se vos animades a facer os xogos e vos apetece, enviade unha foto ao correo: alvilarrodis@gmail.com   Recordade que está habilitada a opción de comentarios, polo que non dubidedes en saudar, comentar ou preguntar !! Un saúdo!