Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

⭐MÁIS XOGOS DE SOPRO !

Imaxe
   Bo día nenos e nenas!! Que tal vai a semana? Seguro que estades a desfrutar do bo tempo destes días primaverais.    Seguimos a practicar o sopro na casa. Hoxe tráiovos algunhas propostas de xogos que podedes facer en familia e seguro,  gozaredes de momentos moi divertidos. Son  tres    actividades  de  sopro sinxelas que se preparan con poucos materiais caseiros.  Os xogos van de menor a maior dificultade,  así  podedes facer os tres, soamente o que máis vos guste ou o que vos resulte máis sinxelo.    1." Carreiras de miñocas " .  👀Vídeo titorial  (premer na ligazón)  👇  https://www.youtube.com/watch?v=masXI2h3qt0&list=PLkqGXoAHvJnH-GpIf6ie4MQX_gF2P- EZV&index=19&t=0s        2." Luva máxica " .   👀 Vídeo titorial (premer na ligazón)     👇         https://www.youtube.com/watchv=YqcEd3VU9hU&list=PLqGXoAHvJnH-GpIf6ie4MQX_gF2P-EZV&index=15    3." Pipa de sopro " .   👀 Vídeo titorial  (premer na ligazón) 

⭐XOGAMOS COAS VOGAIS !

Imaxe
    Ola nenos e nenas! Que tal estades? A proposta de hoxe é xogar coas letras. Concretamente coas 5 vogais (A-E-I-O-U).      Para comezar  preséntovos un vídeo das vogais . Olládeo atentamente, imitade os sons e a pasalo xenial!  ↓  Clic na imaxe para empezar!  No seguinte enlace tamén poderedes desfrutar del:   https://www.youtube.com/watch?v=a_MtHm8BM6M&t=12s     Agora déixovos 3 actividades  para xogar coas  vogais . Podedes f acelas no voso ordenador, tableta ou outro dispositivo informático co que contedes nas vosas casas.      Con este tipo de actividades estamos traballando:               -Recoñecemento e Discriminación visual e auditiva.               -Asociación das vogais maiúsculas coas minúsculas.               -Identificación das vogais iniciais en palabras. 1-“ Burbullas de vogais ”: o xogo consiste en estoupar as burbullas coas letras indicadas.    Premer na imaxe ou na ligazón para comezar a xogar. Estades preparados?             https://ar

⭐VÍDEO: #QUEDANACASA

Imaxe
    Ola nenos e nenas!!  Espero que esteades a desfrutar un montón das visitas aos vosos familiares e amigos, con moita precaución.     Xa pasou moito tempo dende que tivemos que deixar de ir a escola, e sabemos que estades a traballar unha  chea nas vosas casas.       Moitos de vós compartistes a través deste blogue ou doutros da escola as propostas que imos enviando. Moitísimas GRAZAS a todas as familias que vos animastes a compartir connosco as actividades que facedes! Tamén sabemos que outras familias nos seguides, aínda que non enviastes imaxes, tamén o estades a facer moi ben na casa.     Aquí vos deixo un vídeo coas fotos que me foron chegando nestas semanas.  Encantáronme todos os xogos de sopro que inventastes, e os traballos de reciclaxe son estupendos! Espero que vos guste moito!          ⏯  (Premer na imaxe par comezar o vídeo)  ⏯ Unha aperta xigante e moita saúde!! 💚💙💜

⭐ONOMATOPEAS DE ANIMAIS!

Imaxe
      Ola peques!! Que tal estades?      Hoxe toca abrir moito os ollos e poñer as orellas ben atentas para converternos en... ANIMAIS !  Seguro que coñecedes o nome de moitos animais, pero... sabedes que ruídos fan? Como soan?       A proposta para hoxe é imitar sons de animais . A actividade consiste en mirar as imaxes, dicir o nome do animal e facer a súa onomatopea (exemplo: vaca "Muuu").  Atrevédesvos? Veña, animádevos!!   A actividade está en formato vídeo (pinchade na imaxe superior) e en diapositivas de imaxes individuais, para que empreguedes a que mellor vos conveña   Actividade de elaboración propia deseñada para o traballo de vocabulario, motricidade orofacial, e a discriminación auditva. Pictogramas extraídos da web ARASAAC:  http://www.arasaac.org Para rematar e continuar coa discriminación auditiva de sons,   recomendarvos a seguinte aplicación gratuíta para dispositivos móbiles (solo dispoñible para siste