Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2020

⭐ XOGANDO COAS MANS !

Imaxe
Ola nenos e nenas!! Xa non queda nada para rematar o curso e imaxino que tedes moitas ganas de que chegue o verán. Ánimo, xa queda o último esforzo! 💪💪 Mañá é o último día lectivo e comezarán as vacación de verán para toda a rapazada! O último reto que vos propoño é   un experimento  con auga: FLOTA OU AFUNDE ? Unha actividade moi sinxela de estimlación sensorial.  Atrevédesvos con esta proposta tan fresquiña?? FLOTA OU AFUNDE ?  OU ❓     - Coller un recipiente grande e fondo ( barreño, cubo...)   e botarlle auga máis ou menos pola metade.                                              - Buscar pola casa algúns xoguetes (tipo pato de goma, bonecos de plástico, pezas dos xogos de construcións, pelotas de plástico...), algunha froita e obxectos que teñades pola casa de distintos materiais (pinza da roupa, peite, culler, pedras, moedas...) que se poidan mollar . O xogo consiste en ir nomeando os obxectos e dicir algunha característica deles (podedes fixarvos n

⭐VÍDEO: #QUEDANACASA (2ª parte) !

Boas familias!  Que tal estades?  Xa estamos a piques de rematar o curso. Moito ánimo a todos e todas que xa queda pouquiño! Hai xa tres meses que non nos vemos, pero seguimos aquí. Moitas GRAZAS pola participación, familias!! Dádesnos moitos ánimos para continuar e encántanos ver aos vosos fillos e fillas. Hoxe imos recoller as vosas aportacións dende as casas cun segundo  vídeo 🎦  con imaxes que fostes mandando nestas últimas semanas. Encantounos todo o que fixestes cos vosos nenos e nenas. De novo, mil graciñas por participar! Sabemos que hai compis que, aínda que non aparezan no vídeo, tamén gozaron coas propostas.   Velaquí o tedes:  👀  👇  🅥🅘🅓🅔🅞    Espero que gocedes unha chea vendo aos compis da escola!! Un saúdo! 💚 😉

⭐AS PROFESIÓNS !

Imaxe
Bo día! Como estades familias? Espero que moi, moi ben.     Nesta ocasión a proposta vai relacionada cos oficios.  O reto de hoxe son tres actividades sobre as profesións.  Con elas recordaremos o nome de distintos oficios, xogaremos as adiviñas, e fomentaremos de forma lúdica a expresión e a comprensión oral dos nosos pequechos e pequechas.   Velaquí tedes as propostas:    ►   Cántas profesións coñeces? Comezamos a proposta cun vídeo de Eugenia Romero: "Aprendemos las profesiones" . A través del repasaremos o vocabulario de vinte e tres dos oficios máis comúns. Cada imaxe acompáñase do nome da profesión en masculino e feminino. Podedes xogar a repetir os nomes en voz alta mentres visionades o vídeo.  ⇓   Pulsar na ligazón para acceder ao vídeo   ⇓ https://www.youtube.com/watch?v=10VKh09rVRY&t=39s ►   Adiviñas  dos  oficios !!    Agora traballaremos a compresión oral xogando a  adiviñar a  personaxe. Anímovos a mirar o vídeo interactivo e a xogar coas prof

⭐ATENCIÓN, MEMORIA E RAZOAMENTO !

Imaxe
   Ola rapazada!!  Como vades?   Síguennos chegando fotografías e vídeos das fantásticas tarefas que facedes na casa. É unha alegría recibir os vosos correos, felicitarvos polo interese e dedicación. Moitas grazas familias!     Comezamos o mes de xuño con varios materiais para traballar a atención, memoria, asociación e o razoamento lóxico verbal dos máis peques. Ahí van as propostas para darlle o coco: 1. Atopa o intruso: nesta primeria actividade convertímonos en detectives e imos buscar o erro nunha serie de imaxes.  O xogo consiste en mirar as imaxes e dicir en alto o nome de cada debuxo. Hai que atopar e sinalar o debuxo que sobra (intruso), ben porque non coincide coas características dos demais ou porque non se parece nada a eles. Estades preparados/as? Comezamos!  👇 Imaxes extraídas de  #SOYVISUAL .  Pictogramas extraídos de ARASACC.   Actividade deseñada para o traballo do vocabulario, asociación e razoamento. 2. Quebracabezas:  no segu