Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

⭐COVID-SAÚDOS !

Imaxe
Ola familias!!  Benvidas de novo ao blogue da aula de AL da escola EEI de Vilarrodís-Oseiro.  Xa pasou un mes dende que voltamos a escola e toda a rapazada e as mestras xa estamos adaptadas ás novas rutinas e normas deste curso tan "especial".   A través deste blogue mostrarémosvos algunhas das actividades que realizamos na escola. A proposta é continuar con este canle de comunicación para  que poidades compartir cos vosos fillos e fillas, algunhas das experiencias vividas no PELO (Programa de Estimulación da Linguaxe Oral) e nas sesións de reforzo educativo.    Ademais, no caso dun novo período de actividade lectiva non presencial, a través desta bitácora propoñeránse actividades didácticas e poderemos seguir en contacto. Este ano as sesións grupais de estimulación da linguaxe non as realizamos na aula de AL, senón nas dúas aulas de referencia. Ademais, non compartimos os materiais todos xuntos, agora empregamos bolsiñas individuais e caixas por equipos onde só compartimos c