Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2020

⭐BENVID@S !!

Ola familias! Benvidas ao blogue da aula de AL da escola de EEI de Vilarrodís-Oseiro, en Arteixo. Ante esta nova situación que estamos a vivir, agardo que levedes estes días da mellor maneira posible. Moito ánimo e forza! Como imos estar un tempo sen volver a escola, a proposta é seguir en contacto a través deste blogue e así, sentirnos máis preto da nosa escola. Créase este espazo como canle para que poidades compartir cos vosos fillos e fillas, as experiencias vividas no PELO (Programa de Estimulación da Linguaxe Oral) e nas sesións de reforzo educativo realizadas na aula. Unha aperta e lembrade... o máis importante agora é quedar na casa! Pronto voltaremos estar xuntos no cole!! 😀