⭐COVID-SAÚDOS !

Ola familias!! 

Benvidas de novo ao blogue da aula de AL da escola EEI de Vilarrodís-Oseiro. Xa pasou un mes dende que voltamos a escola e toda a rapazada e as mestras xa estamos adaptadas ás novas rutinas e normas deste curso tan "especial".  

A través deste blogue mostrarémosvos algunhas das actividades que realizamos na escola. A proposta é continuar con este canle de comunicación para que poidades compartir cos vosos fillos e fillas, algunhas das experiencias vividas no PELO (Programa de Estimulación da Linguaxe Oral) e nas sesións de reforzo educativo.  Ademais, no caso dun novo período de actividade lectiva non presencial, a través desta bitácora propoñeránse actividades didácticas e poderemos seguir en contacto.

Este ano as sesións grupais de estimulación da linguaxe non as realizamos na aula de AL, senón nas dúas aulas de referencia. Ademais, non compartimos os materiais todos xuntos, agora empregamos bolsiñas individuais e caixas por equipos onde só compartimos cos nenos/as da nosa mesa.

Coma neste curso non podemos comezar as mañás con apertas e bicos... tivemos que atopar outras formas de saudarnos para comezar moi ben o día...

Velaquí a mostra dos nosos "Covid-Saúdos"!!

1. CHOQUE DE PÉS !!

2. SAÚDO NAMASTE !!
 

3. CHOQUE DE CÓBADO !!



4. CHOQUE DE CADEIRA !! 


5. SAÚDO COA MAN NO AIRE !!

Lembrade que este curso a premisa é minimizar o contacto, empregando diferentes vías para comunicarnos: web da escola, blogues, mail, teléfono... Ante calquera dúbida e/ou suxerencia non dubidedes en poñervos en contacto con nós, a escola está a vosa disposición.

                                        -Correo elecrónico da escola: eei.vilarrodis@edu.xunta.gal

                                                    -Correo mestra AL: alvilarrodis@gmail.com

Un saúdo para todos e todas!

                                                                            😀

Comentarios

Publicacións populares deste blog

⭐XIMNASIA COA BOCA !

⭐ONOMATOPEAS DE ANIMAIS!

⭐VÍDEO: #QUEDANACASA