⭐XIMNASIA COA BOCA !

Bos días a todos e todas!! Espero que esteades a gozar unha chea cos paseos e poder saír un pouco a rúa.

Hoxe toca activar os músculos da nosa cara e espertar á señora lingua! Vamos a xogar cos beizos, a lingua, as meixelas..!!

Os xogos de Praxias Bucofaciais é un dos aspectos traballados no Taller da Linguaxe Oral con todos os nenos/as da escola.  A realización de praxias incide no ton e movemento dos órganos faciais (lingua, mandíbula, beizos, meixelas..) e polo tanto, mellora a nosa vocalización, articulación e a pronuncia.

Fíxate ben e a facer ximnasia coa boca !
                   
       A actividade está en formato vídeo (pinchade na imaxe superior) e en diapositivas de imaxes individuais, para que empreguedes a que mellor vos conveña.                         











Actividade deseñada para o traballo das praxias bucofonatorias e a motricidade orofacial.      Pictogramas extraídos da web ARASAAC: http://www.arasaac.org/

Por último, contarvos que todas as mestras estamos moi contentas porque recibimos fotos e vídeos das actividades tan bonitas que estades a facer na casa. Agradecervos enormemente a vosa participación e esforzo. Encantounos todo o que fixestes coas vosas familias!! Tamén sabemos que hai nenos e nenas que aínda que non puideron enviar fotografías, tamén están a traballar moito e moi ben!



Grazas pola vosa colaboración! Lembrade que a escola está á vosa disposición para o que precisedes.



😉

Comentarios

Publicacións populares deste blog

⭐ONOMATOPEAS DE ANIMAIS!

⭐VÍDEO: #QUEDANACASA