Ola peques!! Que tal estades? Hoxe toca abrir moito os ollos e poñer as orellas ben atentas para converternos en... ANIMAIS ! Seguro que coñecedes o nome de moitos animais, pero... sabedes que ruídos fan? Como soan? A proposta para hoxe é imitar sons de animais . A actividade consiste en mirar as imaxes, dicir o nome do animal e facer a súa onomatopea (exemplo: vaca "Muuu"). Atrevédesvos? Veña, animádevos!! A actividade está en formato vídeo (pinchade na imaxe superior) e en diapositivas de imaxes individuais, para que empreguedes a que mellor vos conveña Actividade de elaboración propia deseñada para o traballo de vocabulario, motricidade orofacial, e a discriminación auditva. Pictogramas extraídos da web ARASAAC: http://www.arasaac.org Para rematar e continuar coa discriminación auditiva de sons, recomendarvos a seguinte aplicació...
Boas familias! Que tal estades? Xa estamos a piques de rematar o curso. Moito ánimo a todos e todas que xa queda pouquiño! Hai xa tres meses que non nos vemos, pero seguimos aquí. Moitas GRAZAS pola participación, familias!! Dádesnos moitos ánimos para continuar e encántanos ver aos vosos fillos e fillas. Hoxe imos recoller as vosas aportacións dende as casas cun segundo vídeo 🎦 con imaxes que fostes mandando nestas últimas semanas. Encantounos todo o que fixestes cos vosos nenos e nenas. De novo, mil graciñas por participar! Sabemos que hai compis que, aínda que non aparezan no vídeo, tamén gozaron coas propostas. Velaquí o tedes: 👀 👇 🅥🅘🅓🅔🅞 Espero que gocedes unha chea vendo aos compis da escola!! Un saúdo! 💚 😉
Ola rapazada!! Como vades? Síguennos chegando fotografías e vídeos das fantásticas tarefas que facedes na casa. É unha alegría recibir os vosos correos, felicitarvos polo interese e dedicación. Moitas grazas familias! Comezamos o mes de xuño con varios materiais para traballar a atención, memoria, asociación e o razoamento lóxico verbal dos máis peques. Ahí van as propostas para darlle o coco: 1. Atopa o intruso: nesta primeria actividade convertímonos en detectives e imos buscar o erro nunha serie de imaxes. O xogo consiste en mirar as imaxes e dicir en alto o nome de cada debuxo. Hai que atopar e sinalar o debuxo que sobra (intruso), ben porque non coincide coas características dos demais ou porque non se parece nada a eles. Estades preparados/as? Comezamos! 👇 Imaxes extraídas de #SOYVISUAL . Pictogramas extraídos de ARASACC. Actividade deseñada para o traballo do v...
Comentarios
Publicar un comentario