⭐RECICLAXE !!
Ola nenos e nenas!! A proposta para a fin de semana é... converterse en inventores e inventoras!!
Para rematar, comparto con vós algunhas fotografías das actividades de reciclaxe con tapóns que estivemos facendo, dentro do Proxecto de Reciclaxe de Plásticos levado a cabo este ano na nosa escola.
🔄 RETO DO DÍA... A RECICLAR !! 🔄
Colle os
materiais de refugallo (plásticos, botellas, cartóns, tapóns, caixas...) que teñas pola casa e constrúe un
xoguete, fai unha composición con tapóns, un xogo de mesa... ou calquera outra idea que imaxinedes!!
💭 Seguro que tedes unhas ideas fantásticas!! 💭
Se vos animades a RECICLAR, e vos apetece, encantaríame que compartirades as vosas creacións. Podedes enviar unha imaxe ao correo: alvilarrodis@gmail.com
Para rematar, comparto con vós algunhas fotografías das actividades de reciclaxe con tapóns que estivemos facendo, dentro do Proxecto de Reciclaxe de Plásticos levado a cabo este ano na nosa escola.
O primeiro de todo foi elaborar unha colector de
reciclaxe cunha caixa de cartón. Despois de encher a caixa cos tapóns achegados
polas familias... Comezamos coa
reciclaxe!!
👇 🔄 👇
Observamos e manipulamos libremente os tapóns. Xogamos con eles a facendo construcións e series. Fixemos xogos clasificando os tapóns por tamaños, formas e cores. E tamén investigamos cos sons que facían ao movelos

Despois de moito pensar... Decidimos construír en equipo...
Flores xigantes para a nosa horta !!
🔄
Flores xigantes para a nosa horta !!
🔄
🔄
4 anos
👀 Mirade que bonitiñas quedaron !!! 👀
Os nenos e nenas de 3 anos fabricaron a súa propia Flor de Primavera !
🔄
🔄
Animádevos a RECICLAR familias!! Graciñas de antemán pola vosa colaboración.
🔄 Agardo as vosas aportacións!!
Comentarios
Publicar un comentario