⭐ONOMATOPEAS DE ANIMAIS!

     Ola peques!! Que tal estades?

     Hoxe toca abrir moito os ollos e poñer as orellas ben atentas para converternos en... ANIMAIS!  Seguro que coñecedes o nome de moitos animais, pero... sabedes que ruídos fan? Como soan?

      A proposta para hoxe é imitar sons de animais. A actividade consiste en mirar as imaxes, dicir o nome do animal e facer a súa onomatopea (exemplo: vaca "Muuu").  Atrevédesvos? Veña, animádevos!!
 
A actividade está en formato vídeo (pinchade na imaxe superior) e en diapositivas de imaxes individuais, para que empreguedes a que mellor vos conveña
 











Actividade de elaboración propia deseñada para o traballo de vocabulario, motricidade orofacial, e a discriminación auditva.
Pictogramas extraídos da web ARASAAC: http://www.arasaac.org

Para rematar e continuar coa discriminación auditiva de sons,  recomendarvos a seguinte aplicación gratuíta para dispositivos móbiles (solo dispoñible para sistemas Android): "Pictosonidos".                                                                                      Pictosonidos é unha aplicación para traballar vocabulario con pictogramas, a través de sons asociados. Axuda a comprensión de conceptos e a incrementar o vocabulario. É moi sinxela, ten os pictogramas organizados por categorías.

No seguinte enlace podedes acceder as onomatopeas dos animais da granxa:

Se vos gusta o xogo e queredes ver máis, podedes descargar a app “Pictosonidos”:
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.promedia.pictosonidos&gl=ES
Se vos apetece compartir con nós algunha fotografía ou vídeo das actividades que facedes na casa, non o dubidedes! Enviade ao correo: alvilarrodis@gmail.com 

Unha aperta virtual e moita saúde!!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

⭐XIMNASIA COA BOCA !

⭐VÍDEO: #QUEDANACASA