⭐MÁIS XOGOS DE SOPRO !

   Bo día nenos e nenas!! Que tal vai a semana? Seguro que estades a desfrutar do bo tempo destes días primaverais.

   Seguimos a practicar o sopro na casa. Hoxe tráiovos algunhas propostas de xogos que podedes facer en familia e seguro,  gozaredes de momentos moi divertidos. Son  tres  actividades  de  sopro sinxelas que se preparan con poucos materiais caseiros.  Os xogos van de menor a maior dificultade,  así  podedes facer os tres, soamente o que máis vos guste ou o que vos resulte máis sinxelo.

   1."Carreiras de miñocas"👀Vídeo titorial (premer na ligazón) 👇  https://www.youtube.com/watch?v=masXI2h3qt0&list=PLkqGXoAHvJnH-GpIf6ie4MQX_gF2P- EZV&index=19&t=0s
   
   2."Luva máxica".  👀 Vídeo titorial (premer na ligazón)   👇

   3."Pipa de sopro".  👀 Vídeo titorial (premer na ligazón) 👇
                                                                                 https://www.youtube.com/watch?v=2epX5zjioOA

👉 Recordade que para soprar moi, moi ben temos que facer sempre os tres pasos da respiración:
  1. Cando collemos o aire polo nariz, a boca ten que estar pechada e a a         barriga débese de inflar coma un globo.
   2. Gardamos o aire un momentiño nos pulmóns:
   3. Ao soltar o aire pola boca a nosa barriga desínflase.
Estas imaxes empregámolas na aula para tomar conciencia da importancia dunha correcta respiración para coidar a voz, evitar catarros, falar ben, non estar cansos...



Agardo que vos gusten as propostas!! Se vos animades a facer algunha, encantaríame que compartirades as vosas creacións. Podedes enviar unha fotografía ou vídeo ao correo: alvilarrodis@gmail.com

   Graciñas de antemán pola vosa colaboración. Boa fin de semana e unha aperta virtual familias! 😉

Comentarios

Publicacións populares deste blog

⭐XIMNASIA COA BOCA !

⭐ONOMATOPEAS DE ANIMAIS!

⭐VÍDEO: #QUEDANACASA