⭐VÍDEO: #QUEDANACASA

    Ola nenos e nenas!! Espero que esteades a desfrutar un montón das visitas aos vosos familiares e amigos, con moita precaución.

    Xa pasou moito tempo dende que tivemos que deixar de ir a escola, e sabemos que estades a traballar unha  chea nas vosas casas. 

    Moitos de vós compartistes a través deste blogue ou doutros da escola as propostas que imos enviando. Moitísimas GRAZAS a todas as familias que vos animastes a compartir connosco as actividades que facedes! Tamén sabemos que outras familias nos seguides, aínda que non enviastes imaxes, tamén o estades a facer moi ben na casa.

    Aquí vos deixo un vídeo coas fotos que me foron chegando nestas semanas. Encantáronme todos os xogos de sopro que inventastes, e os traballos de reciclaxe son estupendos! Espero que vos guste moito!

    
    ⏯ (Premer na imaxe par comezar o vídeo) 

Unha aperta xigante e moita saúde!!
💚💙💜

Comentarios

Publicacións populares deste blog

⭐XIMNASIA COA BOCA !

⭐ONOMATOPEAS DE ANIMAIS!