⭐ XOGANDO COAS MANS !

Ola nenos e nenas!! Xa non queda nada para rematar o curso e imaxino que tedes moitas ganas de que chegue o verán. Ánimo, xa queda o último esforzo! 💪💪 Mañá é o último día lectivo e comezarán as vacación de verán para toda a rapazada!

O último reto que vos propoño é un experimento con auga: FLOTA OU AFUNDE ? Unha actividade moi sinxela de estimlación sensorial. Atrevédesvos con esta proposta tan fresquiña??

FLOTA OU AFUNDE ?
 OU 
 -Coller un recipiente grande e fondo (barreño, cubo...)  e botarlle auga máis ou menos pola metade.                                         
  -Buscar pola casa algúns xoguetes (tipo pato de goma, bonecos de plástico, pezas dos xogos de construcións, pelotas de plástico...), algunha froita e obxectos que teñades pola casa de distintos materiais (pinza da roupa, peite, culler, pedras, moedas...) que se poidan mollar.

O xogo consiste en ir nomeando os obxectos e dicir algunha característica deles (podedes fixarvos no color, forma, textura, tamaño...) mentres os ides colocando na auga. Introducídeos pouco a pouco e mirade atentamente para observar que ocorre... Tedes que comprobar se flotan ou afunden! 


Despois, xogade libremente cos obxectos e experimentade coa auga un anaco. Seguro que pasades un intre divertido en familia!

Para rematar o xogo e así ir apañando os materiais, collede un coador de cociña e ide "pescando", primeiro todos os obxectos que flotaban na auga e facer un montón. Despois toca "rescatar do fondo do mar" aos obxectos que non flotaban porque non sabían nadar! E facede outro grupo con eles.

Outra opción é recoller os obxectos ao chou e ir clasificándoos en dous grupos segundo a súa flotación. Así os nenos/as comprobarán visualmente as diferenzas.
Animádevos con este xogo tan fresquiño!! 
Con esta actividade promoveredes a psicomotriciade fina, atención, percepción sensorial, o razoamento e o vocabulario dos vosos fillos e fillas.

E xa para rematar gustaríame compartir con vós unhas imaxes dos nosos cativos e cativas de 3 anos manipulando e experimentando coas súas mans! 



Parabéns a todos os pequerrechos e pequerrechas!! 🏆 Sodes uns auténticos campións e campioas!!  FELIZ  VERÁN FAMILIAS!!  A gozar moito das merecidas vacacións!

 E moita, moita sorte para os nosos cativos e cativas de 5 anos que marchan ao "cole de maiores"... Feliz entrada en Primaria!!
Unha aperta xigante!! 💙💚💛💜
🌞

Comentarios

Publicacións populares deste blog

⭐XIMNASIA COA BOCA !

⭐ONOMATOPEAS DE ANIMAIS!

⭐VÍDEO: #QUEDANACASA