⭐VÍDEO: #QUEDANACASA (2ª parte) !

Boas familias!  Que tal estades?  Xa estamos a piques de rematar o curso. Moito ánimo a todos e todas que xa queda pouquiño!

Hai xa tres meses que non nos vemos, pero seguimos aquí. Moitas GRAZAS pola participación, familias!! Dádesnos moitos ánimos para continuar e encántanos ver aos vosos fillos e fillas.

Hoxe imos recoller as vosas aportacións dende as casas cun segundo vídeo🎦 con imaxes que fostes mandando nestas últimas semanas. Encantounos todo o que fixestes cos vosos nenos e nenas. De novo, mil graciñas por participar! Sabemos que hai compis que, aínda que non aparezan no vídeo, tamén gozaron coas propostas.

  Velaquí o tedes: 
👀 👇 
🅥🅘🅓🅔🅞


   Espero que gocedes unha chea vendo aos compis da escola!! Un saúdo!💚
😉

Comentarios

Publicacións populares deste blog

⭐XIMNASIA COA BOCA !

⭐ONOMATOPEAS DE ANIMAIS!

⭐VÍDEO: #QUEDANACASA