⭐ATENCIÓN, MEMORIA E RAZOAMENTO !

   Ola rapazada!!  Como vades?
  Síguennos chegando fotografías e vídeos das fantásticas tarefas que facedes na casa. É unha alegría recibir os vosos correos, felicitarvos polo interese e dedicación. Moitas grazas familias! 

   Comezamos o mes de xuño con varios materiais para traballar a atención, memoria, asociación e o razoamento lóxico verbal dos máis peques. Ahí van as propostas para darlle o coco:

1. Atopa o intruso: nesta primeria actividade convertímonos en detectives e imos buscar o erro nunha serie de imaxes.  O xogo consiste en mirar as imaxes e dicir en alto o nome de cada debuxo. Hai que atopar e sinalar o debuxo que sobra (intruso), ben porque non coincide coas características dos demais ou porque non se parece nada a eles. Estades preparados/as? Comezamos!  👇

Imaxes extraídas de #SOYVISUAL.  Pictogramas extraídos de ARASACC. Actividade deseñada para o traballo do vocabulario, asociación e razoamento.


2. Quebracabezas: no seguinte xogo podedes practicar a memoria visual a través de varios quebracabezas. Tedes que escoller o animal que queredes realizar (esquío, gato, léon, lobo ou can) e ir colocando as pezas correctamente. Unha vez rematado o puzzle escoitaredes o nome do animal e o das letras que o compoñen. Clic na imaxe para empezar. 👇

Pulsando no icono "opcións", podedes escoller o nivel de dificultade (máis pezas ou menos ) e tamén podedes elexir se ter a guía (apoio visual) ou non. 

 Actividade extraída da web https://www.pictojuegos.com/puzzle/  para  traballar a __________percepción visual, atención e a conciencia semántica. 


3. Xogo de Memoria:  entrenamos a memoria visual e auditiva co seguinte xogo de cartas. Abride ben os ollos porque tedes que adiviñar onde están as parellas de cartas iguais! Hai tres niveis de dificultade (fácil-4 cartas, medio-6 e difícil-8 cartas) para que o adaptedes segundo a idade dos vosos nenos e nenas. Podedes elixir entre catro opcións de imaxes para as tarxetas do xogo (números, cores, formas e personaxes). Pulsar na imaxe para comezar o xogo! 👇
 Xogo online extraído da web https://arbolabc.com/juegos-de-memoria/memoria-arbol-abc deseñado para o traballo da memoria visual e auditiva.

4. Series Lóxicas: a última proposta é un xogo no que teredes que adiviñar a seguinte carta nunha secuencia lóxica. Premer no enlace do vídeo para comezar. ↓
Neste vídeo tedes que prestar moita atención para practicar as secuencias lóxicas!

   E para rematar, aquí vos deixo unha pequena exposición fotográfica con imaxes dos nenos e nenas nos obradoiros de AL, traballando os procesos cognitivos básicos  (atención, memoria, percepción, razoamento...) dun xeito máis manipulábel e experimental.
   
Agardo vos gusten as propostas!! Se vos animades a facer algunha das actividades, xa sabedes, enviade as vosas aportacións ao correo:  alvilarrodis@gmail.com 

Calquera cousa que nos queirades preguntar ou comentar, non dubidedes, a escola está a vosa disposición. Saúdos familias!! 😉

Comentarios

Publicacións populares deste blog

⭐ONOMATOPEAS DE ANIMAIS!

⭐VÍDEO: #QUEDANACASA (2ª parte) !