⭐AS PROFESIÓNS !

Bo día! Como estades familias? Espero que moi, moi ben. 
   Nesta ocasión a proposta vai relacionada cos oficios. O reto de hoxe son tres actividades sobre as profesións. Con elas recordaremos o nome de distintos oficios, xogaremos as adiviñas, e fomentaremos de forma lúdica a expresión e a comprensión oral dos nosos pequechos e pequechas.  Velaquí tedes as propostas: 
 
 Cántas profesións coñeces? Comezamos a proposta cun vídeo de Eugenia Romero: "Aprendemos las profesiones". A través del repasaremos o vocabulario de vinte e tres dos oficios máis comúns. Cada imaxe acompáñase do nome da profesión en masculino e feminino. Podedes xogar a repetir os nomes en voz alta mentres visionades o vídeo. 
⇓  Pulsar na ligazón para acceder ao vídeo   ⇓

 Adiviñas  dos  oficios!!   Agora traballaremos a compresión oral xogando a  adiviñar a  personaxe. Anímovos a mirar o vídeo interactivo e a xogar coas profesións. Toca escoitar e adiviñar de quen se trata! 
 ê Clic para comezar  ê

 Verdadeiro  ou  falso??   Agora xa sodes uns auténticos expertos  e  expertas  sobre os oficios, atrevédesvos a pasar a última tarefa? Pois aló imos! Mira as imaxes atentamente e fala sobre elas. Despois, coa axuda dun adulto, pensa si é verdadeiro ou falso. Comezamos a xogar??
Con esta actividade traballamos o vocabulario sobre os oficios e os materiais que se empregan en eles, a comprensión de imaxes e preguntas, o razoamento e a expresión oral.
 
-Imaxes extraídas de #SOYVISUALhttps://www.soyvisual.org/
-Pictogramas extraídos de ARASAAC: http://www.arasaac.org/


 De maior quero ser...  Xa para rematar, propóñovos que fagades un debuxo sobre o traballo que vos gustaría facer cando sexades maiores!
Espero que desfrutedes das propostas!! Calquer dúbida ou suxestión, recordade que está habilitada a opción de comentarios e/ou a tavés do correo alvilarrodis@gmail.com

Lembrade! Agardo as vosas imaxes das actividades que estades a facer nas vosas casas : )  Unha aperta xigante! 🌞🌈

Comentarios

Publicacións populares deste blog

⭐XIMNASIA COA BOCA !

⭐ONOMATOPEAS DE ANIMAIS!

⭐VÍDEO: #QUEDANACASA